Reabre a cárnica de Vimianzo que pechara pola covid-19
Publicado o 18/08/2020 19:51

En Vimianzo, a empresa Produtos Cárnicos Domínguez retomou hoxe a súa actividade despois dun novo proceso de limpeza e desinfección integral. A compañía pechou o 6 de agosto, ao detectar un caso de covid-19 entre os empregados. Grazas a esta rápida intervención, só houbo 7 contaxiados.
Ademais de seguir coas medidas anticovid habituais, agora a empresa implantou un novo protocolo de seguridade. Dividirá os grupos de traballo nun máximo de catro persoas. Estes equipos entran, saen e descansan á mesma hora. O persoal de vendas e distribución comezará a traballar o venres.