CRTVG

Buscar

Prodúcense varios avistamentos de crías de tiburón azul na costa galega

Publicado o 03/08/2020 22:08

Hai uns días os bañistas de Foz recibían unha visita sorprendente: unha quenlla. E outra foi gravada polo mergullador Xaime Beiro un pouco máis ao sur, en Neixón.

Os biológos aseguran que os exemplares xuvenís son os únicos que se achegan á costa. Din que son inofensivas e recomendan manter a calma.

Desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariño están a levar un rexistro destes animais, polo que piden aos cidadáns que as avisten que dean noticia ao 112 ou ben se poñan en contacto coa CEMMA.

Noticias web

03/08/2020