Prodúcense as dúas primeiras altas da UCI de Burela
Publicado o 14/04/2020 18:35
Imaxes para manter alta a moral. Por exemplo, esta que se producía no hospital da Mariña, en Burela, nas últimas horas: a das primeiras dúas altas na unidade de coidados intensivos. Trátase dun paciente e dunha enfermeira do propio centro, o que fixo que a emoción das súas compañeiras fose maior aínda.