CRTVG

Buscar

Bos días

Proceso xudicial sen precedentes contra a corrupción sindical na Arxentina

Publicado o 09/02/2018 09:38

A Xustiza arxentina pon en xaque o poderoso sindicalismo do país. A detención dalgúns dos líderes gremiais por corrupción deixa ao descuberto unha poderosa trama de extorsións, lavado de cartos e asociación ilícita.

"As múltiples detencións de líderes sindicais da Arxentina golpea como nunca un gremialismo ateigado de corrupción e obriga a reformular estes organismos históricos no país austral, capaces de dar volta a calquera Goberno pola alta capacidade de convocatoria que teñen, cunha das maiores taxas de afiliación do continente".

Que a corrupción existente no sindicalismo arxentino é un segredo a voces. Controlan o transporte, a construción, as empresas gastronómicas, e moven millóns e millóns de pesos. Agora, o seu reinado está en entredito.

Mauricio Macri faloulles directo, "vou dar a batalla contra as mafias que están nos sindicatos". E dende entón foron detidos seis líderes en operativos nos que se incautaron millonarias sumas de diñeiro, coches de alta gama e incluso zoos privados con animais exóticos.

A Xustiza investígaos por asociación ilícita, extorsión, lavado de cartos ou malversación, entre outros. No sindicalismo, a autocrítica é leve e contraatacan cunha mobilización o vindeiro 21 de febreiro contra as políticas do Goberno.

Dende a Casa Rosada din que rematou a era das presións gremiais e que unha marcha non freará as investigación xudiciais.

A estrutura sindical máis poderosa de América Latina afronta un proceso xudicial sen precedentes no que, para moitos, aínda faltan pesos pesados por caer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

09/02/2018