CRTVG

Buscar

Procesión virtual e misas por Internet polo Cristo da Vitoria de Vigo

Publicado o 31/07/2020 16:16

Esta imaxe, a de milleiros de devotos que saen ás rúas para participar na procesión do Cristo da Vitoria, debería repetirse en Vigo o próximo domingo como hai máis de douscentos anos.

Porén, o coronavirus obrigou a suspender unha das citas relixosas máis multitudinarias de Galicia. Este ano moi poucos fieis poderán acceder aos actos relixiosos xa que se cumprirán estritamente os protocolos de seguridade que esixe a pandemia.

O resto deberá conformarse con seguilos dende a casa a través de Internet, na  web www.cristodevigo.es.

Moitos fieis acostuman facer o percorrido nas horas previas á procesión, sen acompañar o santo. Dende a confraría chaman á reponsabilidade e piden aos devotos que queden na casa, a seguridade e a saúde das peroas son este ano a prioridade.

É a terceira vez na súa historia que non se celebra esta procesión. Só o coronavirus, a chuvia e a Guerra Civil puideron cancelala.

Noticias web

31/07/2020