CRTVG

Buscar

A asociación polo saneamento da ría de Pontevedra pide máis depuradoras

Publicado o 08/06/2019 16:52
A asociación polo saneamento da ría de Pontevedra pide máis depuradoras

 

Debería haber unha depuradora en todas as localidades que superen os dez mil habitantes. A dos Praceres dá servizo a 125.000 habitantes e é moi vella e non dá feito para depurar todas as ugas residuais segundo opinan desde a asociación polo saneamento da ría de Pontevedra.

Por iso consideran que é preciso construír xa polo menos unha máis probablemente no termo municipal de Poio e posiblemente tamén sexa necesario ampliar a a dos Praceres. Segundo estes colectivos que viven do mar estáse danando o marisco e as especies máis sensibles se están a reducir ou perder calidade.

Preto de corenta embarcación participaron nunha concentración marítimo terrestre entre o peirao de Combarro e a illa de Tambo para denunciar as verteduras. E centos de persoas tamén participaron no peirao na concentración que culminou coa lectura dun manifesto desde o mar. Piden que administracións e sociedade se impliquen xa para comezar a construír unha nova depuradora na ría sen perder un minuto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/06/2019