CRTVG

Buscar

Procesan un dos membros da mesa de negociación entre o Goberno e a Generalitat

Publicado o 28/02/2020 12:47
Procesan un dos membros da mesa de negociación entre o Goberno e a Generalitat

Declaracións de Sánchez tras reunirse coa presidenta da Rioxa, o segundo encontro cos mandatarios autonómicos tras o do catalán, Quim Torra. Aínda resoan os ecos da mesa de negociación coa Generalitat. Hoxe mesmo un dos que antonte sentaban nesa mesa co Goberno foi procesado polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.

Trátase de Josep María Jové, deputado de Esquerra no Parlamento catalán e antigo secretario xeral de Economía. A maxistrada acusa a Jové dos delitos de desobediencia, prevaricación, malversación de cartos públicos e revelación de segredos como un dos organizadores e impulsores do referendo ilegal do 1 de outrubro de 2017.

O mércores na Moncloa empregou unha libreta idéntica á que a Fiscalía considera proba fundamental contra el. O auto engade que desoiu varios mandatos do Tribunal Constitucional ao respecto. O seu compañeiro de partido e vicepresidente da Generalitat, Pere Aragonés, defendeu hoxe que os hipotéticos acordos aos que se chegue co goberno de Pedro Sánchez non os poidan cuestionar os xuíces.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020