CRTVG

Buscar

Procesan a Quim Torra nunha segunda causa por negarse a quitar os lazos

Publicado o 04/01/2021 19:57
Procesan a Quim Torra nunha segunda causa por negarse a quitar os lazos

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 24 de Barcelona procesou o expresidente da Generalitat Quim Torra tras sinalar que houbo presuntamente "unha falta de acatamento" pola súa banda ao non quitar da fachada da Generalitat a pancarta de apoio aos presos do 1-O. 

Segundo o auto consultado, Torra colocou unha pancarta a favor dos líderes independentistas presos condenados por sedición en setembro de 2019 e non a retirou a pesar da orde do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña.

O Tribunal Supremo confirmou unha primeira sentenza contra Torra por desobedecer ao manter a pancarta en época electoral, e ao non acatar a orde da Xunta Electoral Central durante a primeira campaña polas eleccións xerais de 2019, a causa seguía no TSJC e pasou a un xulgado de instrución de Barcelona.