CRTVG

Buscar

Procesan a Ignacio González por fraude e malversación no caso Lezo

Publicado o 18/11/2019 11:32
Procesan a Ignacio González por fraude e malversación no caso Lezo

O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló procesou o ex-presidente da Comunidade de Madrid Ignacio González pola compra presuntamente fraudulenta por parte do Canal de Isabel II da empresa brasileira Emissao, pola que se pagou en 2003 uns 30 millóns de dólares.

Segundo informaron fontes xurídicas, o maxistrado accedeu á petición da Fiscalía e procesou o ex-dirixente do PP de Madrid polos delitos de fraude e malversación.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí