CRTVG

Buscar

Procesan a ex-presidenta arxentina Cristina Fernández

Publicado o 14/05/2016 13:36

Nos últimos tempos está a ser investigada tamén por supostas irregularidades en varias empresas

A xustiza arxentina procesou á ex-presidenta, Cristina Fernández, por un delito de administración infiel en prexuízo da administración pública no marco da causa que a investigaba pola venda de dólares a futuro no Banco Central arxentino durante os últimos meses do seu mandato.  

A venda fíxose a un prezo de 10,65 pesos por unidade cando poderían telo feito a 14 ou 15 pesos, facilitando así que terceiras persoas se beneficiaran a costa do Banco Central ao vendelas posteriormente no mercado de Nova York. 

Canda ela, procesaron tamén o ex-ministro de Economía, Axel Kiciloff, o ex-titular do Banco Central arxentino, Alejandro Vanoli, e outros 12 imputados. 

O xuíz a cargo do proceso, Claudio Bonadio, determinou un embargo sobre os seus bens de 15 millóns de pesos, máis dun millón de dólares, a cada un. 

Esta constitúe a primera causa pola que a ex-mandataria será xulgada. Fernández está a ser investigada tamén por subornos no caso das irregularidades da empresa Los Sauces, e pola hoteleira Hotesur. Ademais,  tamén a salpica a coñecida como ruta do diñeiro K, que investiga unha suposta rede de branqueo de capitais. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2016