CRTVG

Buscar

Procesado un imán en Barcelona por violar un menor

Publicado o 08/02/2019 15:37

Agora faise público o acto de procesamento. O imputado cometeu o delito na mesquita onde exercía a súa función relixiosa e onde a vítima acudía a estudar o Corán. O suposto agresor intentara violar en dúas ocasións o menor. Á terceira conseguiuno. Dous meses despois, a vítima contoulles aos pais o que sucedera. A acusación non descarta que houbese máis agresións. Segundo se expón no auto de procesamento, o menor sofre secuelas psíquico-físicas que lle afectan á práctica de determinadas actividades. Acode a terapia nunha asociación especializada na atención a vítimas de delitos sexuais. A pena á que se enfronta o imán oscila entre os seis e doce anos de prisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/02/2019