CRTVG

Buscar

Procesado Josep Lluís Llové por organizar o referendo do 1-O

Publicado o 28/02/2020 19:57

A xuíza acusa a Jové, o que fora número dous de Oriol Junqueras na Generalitat, de delitos de desobediencia, prevaricación, malversación e revelación de segredos, e considérao unha das pezas clave na organización do referendo do un de outubro de 2017.

Jové, que fora detido ese mesmo ano durante o rexistro da Conselleria de Economía, está en liberdade provisional, co pasaporte retirado, e ten prohibido saír de España. O tribunal imponlle unha fianza de case tres millóns de euros e cítao a declarar o próximo 11 de marzo, xunto a Lluís Salvadó, outro deputado de Esquerra Republicana no Parlamento de Cataluña.

Josep María Jové é un dos membros da delegación catalá que participan na mesa de diálogo co Goberno. Esta mesma semana, hai dous días, estivo na Moncloa, na primeira xuntanza entrambas partes. Fontes do seu partido din que seguirá participando con normalidade nas reunións entre o Goberno e a Generalitat.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020