A falta de compoñentes causa problemas na subministración de electrodomésticos
Publicado o 21/10/2021 14:46
Os electrodomésticos están a sufrir atrasos importantes nas entregas. O principal motivo é o desabastecemento de microchips que xa obrigou a paralizar a produción de automóbiles e que agora está a afectar á fabricación de aparellos eléctricos para o fogar.
Afecta sobre todo a grandes electromésticos, pero nos lineais de algunhas tendas comezan a escaesar tamén os pequenos. Sortean a falta de subministración dunhas marcas con outras, pero iso si, a prezos moito máis altos.
Encarecéronse máis dun 30 por cento e a previsión é que os prezos segan a alza. Por iso temen que a situación se complique aínda máis de cara ao Nadal.