Realizan probas masivas de ADN para tratar de resolver o asasinato de Elisa Abruñedo en 2013
Publicado o 07/04/2021 18:25

Probas masivas de ADN na zona de Ferrol para dar co autor da violación e asasinato de Elisa Abruñedo, acontecido en Cabanas no ano 2013.
O caso segue aberto oito anos despois e a Garda Civil segue buscando probas que lle permitan dar co asasino. Os feitos aconteceron o 1 de setembro do ano 2013, cando Elisa, de 46 anos, regresaba de dar o seu paseo diario.
Foi violada e asasinada e o seu cadáver apareceu a escasos 500 metros da súa casa.