CRTVG

Buscar

Proban un método para combater a couza da vide mediante a confusión sexual

Publicado o 04/06/2019 20:52

Confundir os machos para que non atopen as femias e non poidan fecundalas. É o método denominado confusión sexual para controlar a praga de couza do acio que están experimentando con éxito nos viñedos das adegas Martín Códax e ao que se están sumando máis viticultores da zona. Con este sistema logran reducir o uso de pesticidas e combater a botrite, a enfermidade que pode causar a couza na uva.

A couza do acio sae desta larva que aniña no medio. Hai 3 xeracións ao longo do ano, e son a segunda e a terceira as que poden causar máis danos na colleita, provocando a botrite, porque pican a uva e podrece. Combátese con pesticidas, pero hai un método que están experimentando nos viñedos das adegas Martin Códax, na busca da redución do uso de fitosanitarios, que resulta moi eficaz e que non require de praguicidas. É o método de confusión sexual.

Os difusores das feromonas son estas cápsulas. Colócanse 400 por hectárea. Actualmente estase aplicando nunha superficie de 120 hectáreas no Salnés, e moitos viticultores da comarca estanse sumando ao uso deste método. Isto mellora a eficacia, porque canta máis superficie abrangue a eficiencia é maior.

A eficacia do método mídese con estas trampas colocadas nos viñedos e que atrapan aos machos da couza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019