CRTVG

Buscar

Galicia reforzará con drons o control da auga en encoros, ríos e costas

Publicado o 08/01/2020 15:21

O encoro de Eiras foi o lugar elixido para facer esta primeira proba de recollida de auga a través de vehículos non tripulados.

O proxecto, denominado Mar-2, financiado pola Xunta de Galicia, permite facer medicións en tempo real e supón un abaratamento dos custos. Asemade, este proxecto inclúe un barco para poder facer estas mostraxes en mar aberto.

Coa súa posta en funcionamento a principios de verán, o Goberno autonómico quere mellorar e preservar os ecosistemas fluviais e costeiros de Galicia.

Noticias web

08/01/2020