CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Proban drons na loita contra a contaminación marítima

Publicado o 01/10/2014 15:24

Os drons, os avións non tripulados, poderían ser unha ferramenta valiosa contra a contaminación marítima. Esta mañá estivemos nun simulacro na Pobra do Caramiñal para ver que poden facer estes aparellos nun caso de vertedura. É dun proxecto europeo no que participa Galicia canda organismos doutros países.

Unhas 80 persoas puxéronse a traballar a primeira hora desta mañá na Pobra para facerlle fronte ao verquido ficticio dun barco na Ría de Arousa. O operativo intégrase nun proxecto europeo que desenvolve novas ferrmentas tecnolóxicas para loitar contra a contaminación.

Son aínda prototipos, pero nalgúns países xa se empregaron con estes fins. A gran vantaxe que ofrecen é a posibilidade de reproducir instantaneamente e en calquera lugar do mundo as imaxes que rexistran, co que calquera especialista pode coñecer en tempo real o que estea sucedendo.

As conclusións deste simulacro servirán de guía pra corrixir erros e achegar melloras aos plans anti-contaminación vixentes.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí