CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

Probamos unha sobremesa 100% galega a base de flor de toxo

Publicado o 25/03/2018 12:57














Pensaron algunha vez en tomar unha sobremesa feita a base de flor de toxo? Non teñen que imaxinalo porque xa existe e ademais os que a probaron danlle unha moi boa valoración. A idea tivérona uns reposteiros artesáns de Sigüeiro, moi preto de Santiago. E despois de case un ano de probas conseguiron un sabor e unha textura coa que están moi satisfeitos. Unha das claves pasa por empregar materias primas galegas e seguir as elaboracións de sempre, sen industrializar. Tanto, que a chorima vana coller directamente ao monte.











































Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí