CRTVG

Buscar

Probado en Vigo o vehículo autónomo

Publicado o 16/07/2019 18:40

O vehículo autónomo xa é unha realidade grazas ao proxecto Autopilot. O grupo PSA e o CTAG, en colaboración co concello de Vigo, probaron no centro urbano esta nova experiencia automatizada.

Estes ensaios, que se están realizando conxuntamente noutros países europeos, son pioneiros en España e a cidade olívica convértese estes días en todo un centro de probas.

Este prototipo de PSA aseméllase moito ao futuro vehículo autónomo. Levantou moita expectación en Vigo e circulou durante varias horas por un circuíto deseñado para a ocasión de forma automática.

Vigo é unha das cinco cidades europeas onde se están levando a cabo estes ensaios. O proxecto chámase Autopilot e está liderado polo CTAG.

Tamén se fixo un ensaio real de estacionamento autónomo nun aparcadoiro da cidade. Estas probas permitiranlles seguir traballando na mellora do coche do futuro, que chegará ao mercado no ano 2022. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019