CRTVG

Buscar

Carlos García, secretario da Federación Galega de Transporte: "Este segundo paso mellorará a posición das empresas no mercado"

Publicado o 25/06/2019 11:49

Os camioneiros están en pé de guerra polas novas esixencias para dedicarse ao transporte. O novo Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres (ROTT), promovido polo Ministerio de Fomento, establece que todos os profesionais e aspirantes a obter o título de transportista deben posuír o certificado de competencia profesional que permita exercer a profesión.

Falamos con Carlos García, secretario da Federación Galega de Transporte, sobre esta normativa que afecta, especialmente, aos xestores do transporte.

"Os novos xestores de transporte vanse ver sometidos a uns novos requisitos, tanto de titulación como de dedicación á empresa, pasarán a ser traballadores por conta allea dedicados en exclusiva a esa actividade ou ben por conta propia", explica.

"Os xestores das empresas de transporte que están actualmente van poder contiuar exercendo esta actividade, o único que lles vai cambiar é que van ter que estar de alta en xornada completa", engade. Di que non lles vai cambiar ningunha circunstancia, aínda que "si para os novos xestores que van que ter bacharelato ou formación profesional e someterse logo ao exame que fai a Dirección Xeral de Transportes", asegura.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019