Prisións asegura que Villarejo recibiu o mesmo trato que calquera preso

O secretario xeral de Institucións Penitenciarias di que o excomisario José Villarejo recibiu o mesmo trato en prisión que calquera outro interno. Do mesmo xeito, asegura non ter constancia de que houbera ningunha situación de maltrato nin vulneración dos seus dereitos.
Ángel Luis Ortiz lembra que por razóns de seguridade se poden acordar rexistros de celas ou cacheos a presos pero, respecto as denuncias de Villarejo polo trato recibido, insiste en que "non foi obxecto dun control especial".
Segundo lembra o responsable de Prisións, o excomisario estivo no cárcere madrileño de Estremera, nun módulo en que tamén se atopan membros das forzas de seguridade ou da administración do Estado.
Villarejo quedou en liberdade este mércores porque o xuíz da Audiencia Nacional que o investiga constatou que ía ser imposible xulgalo antes de que cumpra o máximo establecido de catro anos de prisión provisional.