CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para tres dos cinco acusados de violar unha moza en Benidorm

Publicado o 09/08/2019 16:11

Tres membros da chamada 'manada de Benidorm' pasaron a súa primeira noite na cadea. están acusados de violar unha rapaza de noruega e de cometer abusos sexuais con outra. Despois de tomarlles declaracións aos implicados decretou liberdade provisional sen restricións aos outros dous rapaces franceses. Lembren que todos teñen só entre 18 e 19 anos.

A primeira hora da noite abandonaban os xulgados os tres mozos. Foron directos ao cárcere acusados de, en principio por abusos sexuais, que poden mudar de cualificación por agresión, a unha rapaza noruguesa.

Estan a chegar de Francia os familiares dos detidos. Despois das declaracións dos mozos a xuíza decretaba prisión incondicional sen fianza.

Os outros dous membros do grupo quedaron en liberdade sen restricións, mais seguen a ser investigados polos tocamentos que supostamente lle realizaron tamén á outra moza.

As dúas amigas foron as primeiras en declarar onte, unha delas dixo que puido escapar a tempo do apartamento onde ocorreron os feitos.

As rapazas denunciaron o acontecido nun centro de saúde, unha delas ía sen roupa interior e co vestido do revés.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019