CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o home que supostamente intentou matar a outro na Coruña

Publicado o 09/09/2021 20:16
Prisión sen fianza para o home que supostamente intentou matar a outro na Coruña

O suceso ocorreu de madrugada na avenida da Pasaxe nun piso que se aluga por cuartos. A policía recibiu a chamada dun veciño en que alertaba de que se estaba cometendo unha agresión.

Cando chegaron os axentes, abriulles un home ensanguentado, con puñadas e contusións en varias partes do corpo. Chegou a abrir, pero caeu logo inconsciente ao chan e tiveron que levalo ao hospital.

Rexistrando o resto da vivenda, os axentes atoparon o suposto agresor, un home que vivía noutro dos cuartos. Segundo o relato da policía, o arrestado dixo que a vítima quería roubarlle 50 euros e por iso o atacou.

O xuíz decretou para el prisión provisional sen fianza por un posible delito de lesións. Esta imputación podería cambiar cando se acabe de investigar o caso. Non se descarta, polo tanto, que poida ser acusado de intento de homicidio.

 

Noticias web

09/09/2021