CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o home que presuntamente agrediu a súa parella en Vigo

Publicado o 18/04/2019 19:56
Prisión sen fianza para o home que presuntamente agrediu a súa parella en Vigo

Xa está no cárcere o sexasenario que agredira supostamente á súa compañeira sentimental en Vigo e fuxira a Ourense onde foi detido pola Policía Nacional. A xuíza decretou prisión provisional preventiva e sen fianza.
A agresión cometeuse diante do fillo da muller de once anos. A vítima de nacionalidade angoleña permanece moi grave no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019