CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o home que matou a muller e a filla en Esplugues

Publicado o 08/01/2020 20:03

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o asasino da súa muller e da filla de 3 anos en Esplugues de Llobregat.

O detido, de 27 anos, compareceu este mércores no xulgado e respondeu ás preguntas de todas as partes. A policía arrestouno o luns. El mesmo chamou para avisar de que matara a muller e a filla no domilio familiar. Estivo no hospital porque intentou autolesionarse. A parella estaba en proceso de separación.

Noticias web

08/01/2020