CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o detido en Fuengirola como suposto asasino da súa ex-parella

Publicado o 14/01/2019 19:50

Prisión sen fianza para o home detido en Fuengirola, Málaga, como suposto asasino da súa ex-parella. O detido, de orixe alemá, foi trasladado pola maña o xulgado de Violencia sobre a Muller da localidade. A policía detivoo o pasado sábado cando acudiu a un hospital con feridas.

A muller foi atopada con feridas de arma branca no domicilio famliar, despois de que o fillo da parella, de 16 anos, saíse da casa pedindo auxilio. Tamén o rapaz precisou atención médica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019