CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o asasino confeso de Elxe

Publicado o 15/07/2019 15:48

Prisión provisoria, comunicada e sen fianza para o home de 53 anos acusado de matar a súa muller na localidade alacantina de Elxe.

Así o decidiu o titular do xulgado de violencia sobre a muller que instrúe o caso. O maxistrado acordou tamén retirarlle ao acusado a patria potestade respecto do fillo menor da parella.

O asasino confeso foi arrestado o sábado pouco despois de acoitelar mortalemente a súa parella, da que se estaba separando.

Noticias web

15/07/2019