CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o acusado de matar dúas mulleres en Aranxuez

Publicado o 12/06/2019 23:02

A tensión disparouse ante o Xulgado de Instrución número 3 de Aranxuez, onde prestou declaración Juan Mendoza, alcumado Juanín.

É o marido de Liset Fernández, a muller de 35 anos asasinada, e pai das dúas nenas que quedaron orfas. A desesperación do home estoupou cando o suposto asasino era conducido pola policía ata o xulgado.

A xuíza de garda decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza. Impútanlle dous delitos de asasinato e outro máis en grao de tentativa. Amais, tamén lle imputan outro delito de posesión ilícita de armas.

O home está acusado de disparar cunha escopeta de caza a Liset, que morreu no lugar do suceso, e a Montse Fernandez, de 23 anos, que faleceu horas despois no hospital 12 de outubro. No tiroteo do domingo tamén lle disparou á súa sogra, que está ferida nunha perna.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019