CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o acusado de acoitelar un mozo á saída dun local de copas en Pontevedra

Publicado o 09/09/2019 21:42

Acaba de ingresar no cárcere o acusado de acoitelar un mozo de 27 á saída dun local de copas en Pontevedra.

O xuíz decretou para el prisión comunicada e sen fianza. A agresión sucedeu ás oito da mañá no exterior do local, onde é frecuente que haxa liortas. A presenza policial nas proximidades permitiu a rápida intervención dos axentes, que alertaron os servizos de emerxencias. O mozo foi ingresado no hospital, onde está estable e fóra de perigo. Vítima e agresor son de nacionalidade colombiana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019