CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para a muller que acoitelou a outra nunha rúa de Lugo

Publicado o 08/10/2021 21:48
Prisión sen fianza para a muller que acoitelou a outra nunha rúa de Lugo

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para a muller detida en Lugo por acoitelar a outra no medio da rúa. Está investigada por un delito de tentativa de homicidio e outro de lesións.

A agresora foi detida na tarde do mércores e antes de que acoitelara a muller xa intentara facer o mesmo cos clientes dunha cafetería, no centro da cidade. A vítima continúa ingresada ho hospital de Lugo, con lesións no pulmón e nun brazo

Noticias web

08/10/2021