CRTVG

Buscar

Prisión provisional, sen fianza, para os membros da banda que rebentaba caixeiros con explosivos

Publicado o 20/10/2021 10:48
Prisión provisional, sen fianza, para os membros da banda que rebentaba caixeiros con explosivos

Prisión provisional e sen fianza para os membros da banda que se dedicaba a rebentar caixeiros automáticos con explosivos. Atribúenselles uns seis roubos, pero investigase se podería estar detrás de máis.

Están acusados dos delitos de roubo con forza, tenza ilícita de explosivos, falsidade documental e pertenza a unha organización criminal. Operaban en Galicia, Asturias e Castela e León. A operación desenvolta en Ribadeo foi coordinada por un grupo de elite da Garda Civil.

Noticias web

20/10/2021