CRTVG

Buscar

Prisión provisional sen fianza para o vigués detido en Valencia acusado de organizar a descarga do narcosubmarino

Publicado o 06/12/2019 10:54

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o home detido o luns en Valencia pola súa implicación co submarino interceptado hai máis dunha semana en Aldán.

Trátase dun vigués residente en Palma de Mallorca. Fontes da investigación considérano responsable de organizar a descarga dos 3.000 quilos de cocaína incautados no somerxible e dar cobertura aos tres tripulantes. Con el xa son seis as personas no cárcere pola operación Marea Negra.

Noticias web

06/12/2019