CRTVG

Buscar

Prisión provisional sen fianza para o acusado de Taboadela polo intento de asasinato dun brigadista

Publicado o 31/07/2020 08:13

O fillo do matrimonio asasinado en Taboadela (Ourense) en abril de 2009 e principal sospeitoso do intento de asasinato dun brigadista en 2008 foi enviado a prisión como presunto autor destes feitos ocorridos durante un tiroteo.

Segundo indicaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o detido pasou a "prisión provisional comunicada e sen fianza" por un delito de asasinato en grao de tentativa, " eludible co pagamento dunha fianza de 50.000 euros".

Esta decisión prodúcese tras o seu paso ao dispor do xulgado de instrución número 3 de Ourense, en funcións de garda por estes feitos.

O xulgado impúxolle "a prohibición de abandonar o territorio nacional, prohibición de aproximación e comunicación coa vítima e comparecencias diarias".

A Policía Xudicial reabrira a investigación tras achar novas probas nos últimos días.

Esta persoa, fillo do matrimonio asasinado en abril de 2009, fora considerada principal sospeitosa da morte dos seus proxenitores e do tiroteo dun brigadista durante unha emboscada en 2008.