CRTVG

Buscar

Prisión provisional para un coruñés por incumprir ata cinco veces o confinamento

Publicado o 13/04/2020 14:15

Prisión provisonal para un coruñés que incumpriu ata en cinco ocasións a orde de confinamento.
Foi detido polos axentes cando circulaba pola rúa de noite e sen motivo xustificado. Curiosamente, o home xa fora condenado polo mesmo delito ese mesmo día pola mañá.

Incumpriu as normas de confinamento ata en catro ocasións e acordara coa Fiscalía cumprir a pena de seis meses de prisión. Foi posto en liberdade, pero pouco durou a tregua, ao ser detido de novo cometendo o mesmo delito. De volta ao xulgado, xa non houbo acordo coa Fiscalía por reincidente, e o xuíz decretou o seu ingreso en prisión e sen fianza.

Noticias web

13/04/2020