Prisión provisional para o tesoureiro da Comisión Islámica de España
Publicado o 25/03/2021 22:06

Prisión provisional para o tesoureiro da Comisión Islámica de España. O xuíz da Audiencia Nacional Joaquín Gadea, investiga se puido financiar o terrorismo. O maxistrado cre que o arrestado podería estar instrumentalizando unha ONG para facilitar axuda a faccións xihadistas. Xunto con el foron detidas outras dúas persoas que quedaron en liberdade. A operación está baixo segredo.