CRTVG

Buscar

Prisión provisional para o suposto autor do acoitelamento de Salceda

Publicado o 10/06/2019 20:41

• O xuíz acusa a Wildfred Jürgen Karou, de 29 anos, dun delito de homicido, á espera de realizar novas dilixencias

Prisión provisional, comunicada e sen fianza para o presunto autor da morte do mozo Soufian Mraha, de 24 anos, ocorrida na madrugada do sábado en Salceda de Caselas. O xuíz acusa a Wildfred Jürgen Karou, de 29 anos, dun delito de homicido, á espera de realizar novas dilixencias. O detido declarou nos xulgados do Porriño, a onde chegou esposado e coa cara descuberta.

Seis horas estivo o único detido pola morte do mozo Soufian Mraha nos xulgados do Porriño. O xuíz decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para este alemán de 29 anos ao que moitas testemuñas viron o sábado pasado en Salceda de Caselas, discutindo coa vítima, primeiro nun pub e despois na rúa, onde tivo lugar a agresión con arma branca. Os servizos sanitarios intentaron durante unha hora reanimar o mozo pero non puideron facer nada. Os seus pais achegáronse este luns aos xulgados para recoller as cousas do fillo e agradecer o apoio recibido.

Sahid Mraha, pai da vítima: "Principalmente o alcalde de Salceda mais o alcalde de Tui e toda a xente en xeral que estiveron, que deron o seu apoio, agradezo a xente e eu teño o orgullo de que é o meu fillo porque a maioría da xente só falaron ben del".

A familia da vítima, que quere repatriar o cadáver a Marrocos, reclama xustiza. Mentres, o detido segue defendendo a súa inocencia. De momento, ingesou na prisión da Lama acusado dun delito de homicidio, á espera de como avance a investigación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019