CRTVG

Buscar

Prisión provisional para o presunto autor de seis incendios en Maceda

Publicado o 30/07/2019 16:37
Prisión provisional para o presunto autor de seis incendios en Maceda

Un home foi detido como presunto autor de varios incendios forestais que tiveron lugar entre o 27 de xuño e o 29 de xullo no concello ourensán de Maceda. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense, en funcións de garda, que ditaminou o seu ingreso provisional no cárcere.

Vicepresidencia da Xunta informa da detención e da decisión do xulgado por uns lumes acerca dos cales a Consellería do Medio Rural non chegou a dar conta (a súa política de comunicación neste ámbito é a de dar a coñecer aqueles lumes que superan as 20 hectáreas de superficie calcinada). Así as cousas, a través dun comunicado, a Xunta resalta que axentes da Policía Autonómica esclareceron a autoría de seis incendios en Maceda, ocasionados pola mesma persoa. A detención, engade, produciuse "grazas á gran colaboración cidadá das parroquias de Castro de Escuadro e Vilardecás" e aos dispositivos de vixilancia dos axentes.

Os incendios orixinábanse "sempre de madrugada", cando os medios aéreos non poden actuar e varios deles a escasos metros de casa, que non resultaron afectadas "grazas á rápida intervención dos medios de extinción e dos veciños".

Noticias web

30/07/2019