CRTVG

Buscar

Prisión provisional para o presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, a súa muller e a súa filla

Publicado o 12/03/2021 14:35
Prisión provisional para o presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, a súa muller e a súa filla

O Xulgado de Instrución número 2 de Vigo, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do presidente do Colexio de Enfermería de Pontevedra, da súa muller e da súa filla.

Os tres investigados na causa, que se segue por delitos de branqueo de capitais, falsidade documental e administración desleal, acolléronse ao seu dereito a non declarar. O xulgado tamén decretou o levantamento do segredo das actuacións.