CRTVG

Buscar

Prisión provisional para o mozo acusado do homicidio de Vallecas (Madrid)

Publicado o 28/03/2019 19:21

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o mozo de 20 anos coñecido como El Chule polo homicidio dun home de 64 en Vallecas, en Madrid. O mozo pasou a disposición xudicial esta mañá e a titular do Xulgado de Instrución número 44 de Madrid acordou imputarlle ao investigado un delito de homicidio e outro en grao de tentativa.

El Chule entregouse á policía nunha comisaría da capital. Os feitos ocorreron o pasado día 17 en El Pozo del Tío Raimundo, unha barriada de Madrid. Unha discusión por uns cans acabou cunha liorta en que perdeu a vida Jesús, un ancián moi coñecido no barrio, e quedaron feridas outras tres persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019