CRTVG

Buscar

Prisión provisional para a muller que tiña unha suposta escrava sexual en Vigo

Publicado o 19/10/2019 21:40

Prisión provisional sen fianza para a detida en Vigo por reter supostamente unha muller na súa vivenda e utilizala como escrava sexual. Trátase da viúva do home que morreu o xoves pasado logo de tirarse ao baleiro desde un noveno piso cando as forzas de seguridade realizaban un rexistro na súa vivenda de Castrelos. Unha terceira persoa denunciara que fora retida como escrava sexual nun piso do número 190 desa avenida viguesa. Ao parecer, a denunciante acudira á vivenda en resposta a unha oferta laboral para traballar como empregada do fogar e acabou sendo secuestrada pola parella. Ademais do ingreso en prisión, a xuíza ímputalle á detida tres delitos contra a liberdade sexual, revelación de segredos e detención ilegal.

 

Noticias web

19/10/2019