CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para os cinco detidos polos 500 quilos de cocaína de Marín

Publicado o 24/09/2019 09:42

Os 5 detidos pola súa suposta relación co alixo de media tonelada de cocaína comisado nunha nave de Coirados compareceron xa nos xulgados de Marín, á espera de que conclúan os arrestos noutras provincias españolas. Fixérono antes de cumprirse as 72 horas máximas de detención. Chegaron custodiados pola Policía Nacional dende as comisarías de Vigo e Pontevedra. Os detidos, 4 homes e unha muller, pasaron a súa primeira noite no cárcere da Lama, despois de que o xuíz do xulgado de Garda de Marín decretara para eles prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Mentres, a operación continúa noutros puntos de España con novos arrestos. Ademais, intentan localizar partidas de cocaína do mesmo alixo, que supostamente foron trasladadas a outras provincias. Apenas transcenderon datos da operación, que está coordinada pola Fiscalía Antidroga da Audiencia Nacional, e desenvolvida polo Greco Galicia e a Brigada Central de Estupefacientes. A colaboración entre autoridades españolas, colombianas e estadounidenses permitiu desmantelar esta organización internacional dedicada ao tráfico de drogas a grande escala.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019