CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para cinco detidos na operación antidroga en Pontevedra

Publicado o 04/12/2019 20:49

Nos mesmos xulgados da Parda, en Pontevedra, dez dos trece detidos na operación antidroga desenvolvida esta semana na provincia de Pontevedra Todos están investigados por un presunto delito contra a saúde pública. Deles, cinco quedaron en liberdade e outros cinco xa foron enviados a prisión provisional, comunicada e sen fianza. Tres dos arrestados xa quedaran en liberdade en sede xudicial.

O operativo, a cuxo saldo hai que engadir un menor investigado, foi coordinado pola Garda Civil e a Policía Nacional e, ao seu abeiro, practicáronse rexistros en Pontevedra, A Estrada e na bisbarra do Salnés. Os axentes incautáronse de 150.000 euros en efectivo, sete vehículos e máquinas e material para manipular droga. Tamén atoparon pequenas cantidades de droga.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/12/2019