CRTVG

Buscar

Prisión provisional e sen fianza para a nai da nena atopada morta en Muimenta

Publicado o 30/05/2019 20:33

Por un presunto delito de homicidio ou asasinato, a titular do Xulgado Mixto número 1 de Vilalba decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para a nai da nena de sete anos que apareceu morta na súa casa en Muimenta, no concello chairego de Cospeito.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a xuíza trasladouse ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo para tomarlle declaración á muller en calidade de investigada, unha vez que os médicos que a tratan no módulo de psiquiatría valoraron que xa estaba en condicións de declarar ante a xustiza.

Acompañada por un avogado nomeado por ela mesma, a nai da cativa acolleuse ao seu dereito a non prestar declaración. Pola súa parte, a xuíza acordou que a presunta homicida, que permanece no módulo de custodia do hospital, sexa ingresada no centro penal correspondente cando se encontre en condicións de recibir a alta médica.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/05/2019