CRTVG

Buscar

Prisión preventiva para o home que degolou o seu irmán en Sigüeiro

Publicado o 24/09/2020 16:30

O home que se autoinculpou da morte violenta do seu irmán en Sigüeiro declaraba esta mañá ante o xuíz.

Contra as 12 do mediodía foi trasladao dende o cuartel da Comandancia da Garda Civil da Coruña ata as dependencias xudiciais de Ordes, onde prestou declaración no Xulgado de Instrución número 2.

As nosas cámaras puideron captar tanto a súa chegada como a súa saída. En ningún momento ocultou a súa faciana.

Ás dúas da tarde remataba a declaración e, acto seguido, foi trasladado directamente ata o cárcere de Teixeiro.

Prisión preventiva para este home de 58 anos e nacionalidade romanesa que na mañá do pasado martes entregábase ensanguentado no xulgado de Sigüeiro asegurando que matara o seu irmán, que acababa de chegar de Romanía.

Na súa primeira declaración ante os axentes dixo que a morte se producira na madrugada do luns ao martes, que os dous estaban bébedos e que degolou o seu irmán cunha arma branca.

Os feitos aconteceron no interior dun domicilio de Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso, onde o acusado residía dende hai varios anos.

Noticias web

24/09/2020