CRTVG

Buscar

Prisión pide o segundo grao para Rato e os condenados polas tarxetas black

Publicado o 11/01/2019 18:14

As prisións de Soto del Real e Navalcarnero instan a Institucións Penitenciarias a que clasifiquen no segundo grao a Rodrigo Rato e os demais condenados polas tarxetas black.

As xuntas de tratamento de ámbalas prisións rexeitaron o terceiro grao que solicitaban os condenados por considerar que aínda non están en condicións legais de obter permisos. O segundo grao penitenciario é o máis común no que se clasifican tódolos presos, e de feito aféctalles a todos menos a aqueles que presentan riscos importantes de perigosidade. O segundo grao permite certos dereitos dentro da prisión pero non o acceso a permisos para saír da cadea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019