CRTVG

Buscar

Prisión permanente revisable para o asasino da pequena Naiara

Publicado o 07/10/2020 14:03

A Audiencia de Huesca condenou a prisión permanente revisable o autor da morte da nena Naiara, de oito anos.

Un xurado popular declarara culpable o lugués Iván Pardo de torturar ata a morte a súa sobriña porque esta non fixera os deberes.

Os feitos aconteceron en xullo do 2017 na casa que o condenado tiña en Sabiñánigo. A nai e o irmán de Iván Pardo foron condenados a dous anos por consentir e alentar os castigos á nena.

Noticias web

07/10/2020