CRTVG

Buscar

Prisión para os sete CDR por buscar a república por vía violenta

Publicado o 26/09/2019 20:08

O xuíz envía a prisión os sete membros dos CDR detidos o luns en Cataluña. Vincúalos cos chamados Equipos de Resistencia Técnica, unha organización xerarquizada que busca declarar a independencia de Cataluña por vías violentas.

Atentendo a petición da Fiscalía, acúsaos de tres delitos: pertenza a organización terrorista, posesión de explosivos e conspiración para cometer estragos.

Cinco deles negáronse a declarar. Os outros dous admitiron que mercaran material para fabricar explosivos e que chegaran a probalos nunha canteira abandonada. Dixeron que o que querían era meter medo, literalmente "facer ruído" o un de outubro.

Segundo a investigación, nos seus teléfonos móbiles tiñan fotos dun cuartel da Guardia Civil, de varias comisarías dos Mossos d'Esquadra e tamén de patrullas da policía catalá.

O xuíz envíaos ao cárcere pola gravidade dos delitos que se lles imputan, e tamén polo risco de fuga e de reincidencia.

Durante todo o día un grupo de persoas estivo ás portas da Audiencia Nacional arroupando os detidos, entre eles, mebros de Junts per Cataluña, de Esquerra Repblicana e da CUP. Este último partido abandonou o Parlamento de Cataluña, en plena sesión, ao coñecer que o xuíz os enviaba a prisión.

Tamén se convocaron concentracións de protesta en varias cidades de Cataluña.