CRTVG

Buscar

Prisión para os presuntos xihadistas detidos o mércores en Xirona e Madrid

Publicado o 07/12/2017 20:20

A Audiencia Nacional mandou a prisión os tres presuntos xihadistas detidos o mércores nunha operación contra o Daesh en Xirona e Madrid. Están acusados de vinculación con esa organización terrorista e de incitar de maneira directa á comisión de atentados en España.

Os tres, e un cuarto detido en Marrocos, en Tánxer, están acusados de difundir material xihadista radical en Internet e incitar á comisión de atentados a través dos seus perfís en redes sociais. Os arrestados en Xirona son dous irmáns e o detido en Madrid estaba en avanzado proceso de radicalización. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017