CRTVG

Buscar

Prisión para os pais dos dous cativos falecidos en Albacete

Publicado o 24/08/2019 10:27

Os pais dos dous cativos están nesta prisión de Albacete desde principios do mes de xullo. A morte do primeiro fillo produciuse en xaneiro de 2018. Tiña catro meses. Daquela os pais denunciaron unha suposta neglixencia médica pero a autopisa revelou que o pequeno tiña fracturado o cráneo. A Garda Civil abriu unha investigación e antes de pechala produciuse a morte do segundo fillo. Tamén tiña catro meses. Foi o 29 de xuño. En principio os médicos pensaron que era morte súbita pero a autopsia confirmou que tiña varias costelas rotas. A semana seguinte, a Garda Civil detivo os pais e o xuíz ordenou o seu ingreso en prisión, en principio por homicidio iimprudente pero segundo avance a investigación a fiscalía podería cambiar a acusación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019