CRTVG

Buscar

Prisión para os nove detidos da operacion Bocanegra

Publicado o 24/02/2021 19:18

Crese que o alixo de cocaína que traían a Galicia podía chegar ás cinco toneladas

Prisión sen fianza para os nove detidos na operación Bocanegra contra o narcotráfico. Os arrestados compareceron durante toda a xornada ante un xuíz da Audiencia Nacional, pero fixérono de forma telemática dende o Xulgado de Garda de Pontevedra. Esta noite ingresarán en prisión acusados de tráfico de drogas e organización criminal e prevese que nos próximos días sexan trasladados a Madrid.

Lembramos que os nove detidos son naturais de Turquía e Xeorxia. Todos formaban parte da tripulación dun barco que traía varias toneladas de cocaína a Galicia. A policía arrestounos en mar aberto, fronte ás costas de Ribadeo, e conseguiu recuperar tres toneladas de droga. Pero algunhas fontes sinalan que no barco puideron quedar outras dúas. De confirmarse, sería un dos maiores alixos da década. Os tripulantes abriron vías de auga no buque para afundilo e facer desaparecer as probas. 

Noticias web

24/02/2021